A Coral de Ruada organizará o vindeiro mes de maio o I Concurso de Baile Tradicional “De Ruada”
OurenseXa
Será o 25 de maio no Auditorio Municipal de Ourense e o prazo para anotarse xa está aberto
1 Feb 2025
A Coral de Ruada organizará por primeira vez o vindeiro 25 de maio o I Concurso de Baile Tradicional “De Ruada”, unha cita terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense e que conta coa colaboración do Concello, a Deputación e o Ministerio de Cultura e Deporte.
O Concurso contará con categorías segundo as idades dos e das participantes:
- Categoría A: ata os 10 anos
- Categoría B: entre 10 e 14 anos
- Categoría C: entre 14 e 18 anos
- Categoría D: maiores de 18 anos
As persoas interesadas en participar nesta actividade xa poden facelo a través da dirección de correo electrónico info@coralderuada.com ou no teléfono 634 822 225.