A Coral do Liceo inicia un ciclo de concertos de música sacra por Semana Santa

OurenseXa
O primeiro deles será este luns na igrexa de Santa María Nai
concerto-sacro-coral-do-liceo
30 Mar 2026

A Coral do Liceo de Ourense organizou unha programación de concertos de música sacra con motivo da celebración da Semana Santa, que se desenvolverá en distintos templos da cidade.

O primeiro recital terá lugar este luns 30 de marzo ás 20:00 horas na igrexa de Santa María Nai. Ao día seguinte, o martes 31, a formación actuará ás 19:30 horas na igrexa de Fátima. A programación completarase coa participación da coral na Misa Pontifical do Domingo de Resurrección na S.I. Catedral de Ourense.

En ambos concertos interpretarase un repertorio de música sacra e clásica que inclúe obras como Ave María de Charles Gounod, pezas de Franz Schubert, Cor Jesu Flagrans de J. Fernández Vide, Cum audisset Joannes de D. Muelas, Ti es Señor de Johann Sebastian Bach, O Salutaris de Ludwig van Beethoven, Ave verum de Wolfgang Amadeus Mozart, así como obras de John Rutter e George Frideric Handel, entre outras. Tamén se incluirá o coñecido Hallelujah de Leonard Cohen.

Desde o Liceo de Ourense convidouse a todas as persoas amantes da música coral a asistir a estes concertos e agradeceuse a colaboración tanto do Cabido Catedralicio como da Parroquia de Fátima na organización desta programación.

0.15443897247314