A cuarta edición do Barbadás Gaming celebrarase o 15 e 16 de abril

O Concello de Barbadás organiza a cuarta edición do Barbadás Gaming, que se celebrará do 15 ao 16 de abril na Casa da Mocidade.
O evento, destinado a maiores de 12 anos, é totalmente gratuíto e contará con consolas PS5, gafas de realidade virtual e equipos de simulación de condución. Durante dous días, a mocidade poderá competir en torneos, asistir como público ás competicións e xogar aos seus videoxogos favoritos en consolas PS5 como FIFA, League of Legends, Fornite, etc.
O horario de apertura do evento será de mañá e de tarde, entre as 11.00 e as 14.00 horas e as 16.00 e as 20.00 horas.