A Deputación colaborará coa Asociación de Persoas Xordas de Ourense no seu 50 aniversario
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta mañá ao presidente da Asociación de Persoas Xordas de Ourense, Martín Luis Becerra, nun encontro no que se abordou a colaboración institucional cara o 50 aniversario deste colectivo.
No Pazo Provincial e acompañado pola intérprete de signos Arantxa Pérez, o presidente da asociación explicou a Luis Menor o traballo que desenvolve este colectivo, con preto de 3.000 beneficiarios en toda a provincia aos que axudan para superar a súa discapacidade auditiva, en particular nas zonas do rural.
Luis Menor subliñou pola súa banda a “sólida colaboración” que existe entre a Deputación de Ourense e a Asociación de Xordos, comprometendo a cooperación da institución provincial nos actos que se organizarán con motivo do 50 aniversario.