A Deputación comprométese a reforzar o apoio á Asociación Por Eles TEA

OurenseXa
A asociación atende ao redor de 40 familias e preto de 50 nenos e nenas con necesidades específicas de atención
PorElesTEA_Deputacion_Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibe no Pazo Provincial á directiva da asociación Por Eles TEA
15 Mar 2024

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial á directiva da asociación Por Eles TEA. A este encontro acudiron a presidenta da asociación, Eva Guzmán; a vicepresidenta, María Losada e a vogal deste colectivo, Rebeca Iglesias.

Na reunión, as representantes da asociación explicáronlle a Luis Menor o traballo que desenvolven, atendendo a practicamente 40 familias e preto de 50 nenos e nenas con necesidades específicas de atención.

Para continuar realizando actividades deste tipo, dende Por Eles TEA solicitan a colaboración da Deputación, que se compromete a reforzar o apoio á asociación “dada a importancia da súa actividade e a necesidade do traballo que levan a cabo”, tal e como sinalou Luis Menor.

0.16639399528503