A Deputación de Ourense aproba axudas por case 136.000 euros para proxectos municipais

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de axudas por un importe próximo aos 136.000 euros destinadas a colaborar con distintos concellos da provincia.
Entre as subvencións aprobadas, destaca unha axuda de 25.000 euros ao Concello de Esgos para a compra dun solar na Praza Maior. Así mesmo, Pereiro de Aguiar recibirá case 60.000 euros para levar a cabo melloras no campo de fútbol da Carabina.
Tamén se destinarán 12.000 euros ao Concello de Rubiá para a pavimentación no núcleo de Castelo. Por outra banda, Boborás contará con 30.000 euros para un proxecto de canalización soterrada e distribución de enerxía eléctrica na localidade de Brués. Finalmente, aprobouse unha axuda de preto de 9.000 euros para o acondicionamento de camiños municipais na Peroxa.