A Deputación de Ourense aproba o documento estratéxico A2030

OurenseXa
O documento recolle estratexia provincial de sostibilidade que sintetiza os retos aos que se lles debe facer fronte na provincia
pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso
Pazo Provincial, Deputación de Ourense
10 Dec 2024

A Deputación de Ourense, en Xunta de Goberno, aprobou o documento estratéxico A2030 da Deputación, que inclúe a diagnose da provincia, analizando o territorio en profundidade e permitindo coñecer o seu estado en relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), unha estratexia provincial de sostibilidade que sintetiza os retos aos que se lles debe facer fronte na provincia, cun plan específico para a integración destes conceptos na xestión provincial.

Así, este plan de acción contempla unha batería de propostas a desenvolver a medio e longo prazo que marcan o camiño para achegar a Deputación aos obxectivos programáticos das Nacións Unidas e da Unión Europea.

⚙ Configurar cookies
0.041738033294678