A Deputación de Ourense colabora cos concellos para a elaboración dos seus plans de igualdade

OurenseXa
A institución provincial vén de organizar unha xornada formativa dirixida aos municipios da provincia para explicar de xeito detallado as obrigas de cada entidade local en materia de igualdade
Xornadas de Igualdade da Deputación de Ourense
4 Jun 2024

A lexislación estatal e autonómica vixente na actualidade establece a obriga de todas as Administracións Públicas, incluída a Administración Local, Concellos e Mancomunidades, de contar cun plan para a igualdade entre mulleres e homes, ao marxe do número de traballadores que teña cada entidade local.

A Deputación de Ourense que conta xa co seu II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes para o persoal da Administración Provincial, vén de organizar unha xornada formativa e informativa dirixida aos concellos da provincia para explicar de xeito detallado as obrigas nesta materia de cada entidade local e os pasos a realizar para a elaboración e implantación dos seus respectivos plans de igualdade. Precisamente, a vicepresidenta primeira da institución provincial, Marta Nóvoa, destacou que esta iniciativa parte, precisamente, para cooperar cos pequenos concellos que non teñen os recursos suficientes para facer o seus propios plans de igualdade, “xa que na Deputación traballamos a prol da igualdade durante todos os días do ano, non só os 8M e 25N”.

A xornada, organizada pola la Sección de Formación, Calidade e Avaliación do Desempeño do Servicio de Recursos Humanos e Formación da Diputación de Ourense, realízase coa colaboración técnica de ADECCO, contou con 45 participantes de 41 entidades locais da provincia. A deputada de Igualdade, Teresa Barge, manifestou que “ter un plan de igualdade é algo fundamental, non só desde o punto de vista imperativo da normativa legal, senón que é unha ferramenta estratéxica que debería ser un eixo vertebrador de todas as políticas das entidades públicas”.

0.16695380210876