A Deputación de Ourense colabora nunha iniciativa estatal para promocionar os camiños xacobeos do Oeste Peninsular

OurenseXa
A institución provincial participou en Badajoz na presentación do proxecto ‘Camiño Vertical’ onde puxo en valor as oportunidades da Vía da Prata e do resto de camiños ourensáns
via-da-prata
10 Apr 2025

O hospital Centro Vivo de Badajoz acolleu hoxe a presentación do proxecto "Camiño Vertical”, declarado Operación de Importancia Estratéxica de Interreg (VI A POCTEP 2021-2027), e no que participa a Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico. Trátase dunha iniciativa que pretende dar continuidade aos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular, de tal modo que se coñezan máis alá do seu ámbito xeográfico, poñendo en valor o patrimonio histórico, cultural e natural. Neste sentido, o deputado de Turismo e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou no acto de presentación destacando as oportunidades da Vía da Prata e do resto de camiños ourensáns o traballo feito dende a Deputación para impulsar estes trazados.

Rosendo Fernández puxo en valor a “cooperación transfronteiriza” que caracteriza á institución ourensá, establecendo sinerxias con socios estables e impulsado programas como este Camiño Vertical, que pretende impulsar e protexer os itinerarios xacobeos como un “produto turístico vivo, adaptado ás necesidades dos usuarios”.

O deputado provincial lembrou en Badajoz que a Vía da Prata discorre por máis de 140 kilómetros en Ourense, atravesando unha trintena de municipios. Ademais, sinalou a “extensión” deste Camiño, “porque nos vertebra con todo o Oeste peninsular, unindo esforzos na posta en valor do patrimonio cultural e natural e creando novas oportunidades e instrumentos para afrontar o reto demográfico”.

Rosendo Fernández explicou en Badajoz as actividades principais nas que se está centrando a Deputación de Ourense para a recuperación e mellora dos Camiños Xacobeos. Entre outras accións, destacou a especialización do itinerario cicloturista, a sustentabilidade ou a dixitalización.

⚙ Configurar cookies
0.16427516937256