A Deputación de Ourense colaborará na edición do segundo volume da obra de Antonio Rodríguez Colmenero

OurenseXa
Ourense colaborará co Consello da Cultura Galega na edición desta obra sobre as vías romanas co noroeste de España
Luis Menor xunto á presidenta do Consello de Cultura Galega, Rosario Álvarez
16 Jul 2024

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo este luns un encontro de traballo no Pazo Provincial coa presidenta e co xerente do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez e Marcelino Fernández, respectivamente, para abordar posibles iniciativas de colaboración entre ambas institucións a prol da cultura galega que están relacionados coa provincia de Ourense.

Neste sentido, o presidente provincial comprometeuse a colaborar na edición do segundo volume da obra de Antonio Rodríguez Colmenero sobre as vías romanas co noroeste de España, concretamente coa Vía Nova.

No encontro tamén se valorou que estes recursos escritos que conforman o material desta obra pasen a ser dixitalizados co obxectivo de acadar unha maior proxección desta “valiosa información de carácter histórico que o investigador Rodríguez Colmenero ten dedicado á Vía Nova, entre outras cuestións”, salientou Luis Menor.

Ambas institucións acordaron colaborar para configurar unha paisaxe alfonsina na provincia de Ourense para xeoreferenciar os lugares ourensáns que teñen relación co monarca Alfonso X como poden ser o Castelo de Maceda ou Vilanova dos Infantes.

Por último, propúxose incorporar ao Programa Epístola do Consello da Cultura Galega as cartas que se dedicaron entre sí os intelectuais ourensáns Otero Pedrayo e Ben Cho Shey.

0.11305713653564