A Deputación de Ourense continúa coa vicepresidencia de Femembalses

OurenseXa
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu en Madrid á reunión da Comisión Executiva da Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Embalses
reunion_femembalses
Reunión da Comisión Executiva da Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Embalses
9 Abr 2024

A Deputación de Ourense continuará ostentando unha das catro vicepresidencias de Femembalses, a Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Embalses. Así quedou de manifesto esta mañá na reunión da Comisión Executiva deste organismo, á que asistiu o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, quen valorou a importancia de que a Deputación continúe coa Vicepresidencia encargada da tributación e o IAE, “pois máis de 40 municipios da provincia de Ourense contan con encoros e é un asunto de gran importancia para eses concellos, tendo en conta que hai moitos anos que non se actualizan as tarifas e é algo que repercute directamente nas arcas municipais”, explicou.

Na provincia de Ourense hai 43 concellos afectados por presas e encoros, dos que 19 contan con centrais hidroeléctricas, sendo 23 o total de presas e encoros que hai na provincia de Ourense.

0.1818311214447