A Deputación de Ourense destinará 60.000 euros ao Plan de axuda á inserción laboral de ACO

OurenseXa
Este plan de axudas está destinado a promover a inserción laboral para maiores de 30 anos dentro da provincia
Luis Menor recibe á directiva de ACO
24 Maio 2024

A Deputación de Ourense colaborará coa Asociación de Construtores de Ourense (ACO) no seu Plan de axuda á inserción laboral para maiores de 30 anos, para o que destinará unha axuda de 60.000 euros. Así llo trasladou o presidente provincial, Luis Menor, á directiva desta entidade durante unha reunión de traballo no Pazo Provincial, na que participou o presidente e o xerente de ACO, Santiago Ferreiro Pérez e Cesáreo Fernández Ríos, respectivamente.

Na reunión tiveron a oportunidade de analizar as liñas de cooperación abertas entre ambas entidades que acordaron reforzar para “mellorar a comunicación e divulgación da información da contratación pública en toda Galicia”, sinalou Luis Menor.

0.20111894607544