A Deputación de Ourense destinará máis de 50.00 euros para a celebración do Rally de Ourense

OurenseXa
En total, a Deputación mobilizará máis de 420.600 euros en axudas para ciclos e festivais culturais, deporte e obras en concellos
Xunta_Goberno_Dep_Ourense_2
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
18 Abr 2024

A Xunta de Goberno da Deputación vén de mobilizar un total de 420.603,53 euros destinados a actividades culturais (a través da resolución do concurso para a concesión de subvencións para a realización de festivais, ciclos ou actividades análogas en 2024, cun importe total de 60.000 euros), obras en concellos e para a celebración do vindeiro Rally de Ourense, mediante unha achega á Escudería Ourense de 53.000 euros.

No que atinxe ás axudas aos concellos, ao de Cortegada concédenselle 295.000 euros para a expropiación destinada a instalacións e actividades de ocio da zona termal. Por outra banda, o Concello de Esgos percibirá 12.603,53 euros para a instalación dunha pista deportiva de pádel descuberta no núcleo de Esgos.

A Xunta de Goberno tamén autorizou a modificación de obras, contempladas dentro do Plan de Cooperación CooperOU, solicitadas polos concellos de Boborás, Leiro, Punxín e San Cibrao das Viñas. Todas estas obras suman unha cantidade total de 441.279,5 euros, dentro dos fondos do devandito Plan de Cooperación.

0.20352911949158