A Deputación de Ourense destinará máis de un millón e medio de euros en reforzar o protocolo contra incendios

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A mancomunidade de Santa Águeda  e os concellos de Allariz, Chandrexa de Queixa, Padrenda, Pobra de Trives e Xunqueira de Ambía serán algúns dos beneficiaros das axudas
incendio-San-Cibrao-das-Viñas
31 May 2025

A Deputación de Ourense aprobou unha modificación das bases de execución do actual orzamento da institución provincial, referida ao protocolo de colaboración asinado coa Consellería de Medio Rural para prevención e defensa contra os incendios forestais, por importe de 1.550.000 euros.

Este cambio recolle o detalle dos beneficiarios das axudas á adquisición dun tractor novo e dúas rozadoiras, subvencións que en todos os casos teñen un valor de 100.000 euros. Os destinatarios son os concellos de Allariz, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, O Carballiño, Chandrexa de Queixa, Padrenda, Pobra de Trives, Verín, Vilardevós, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía e a mancomunidade de Santa Águeda.

Ademais aprobouse o orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento, por un importe superior a 5,6 millóns de euros.

⚙ Configurar cookies
0.16681003570557