A Deputación de Ourense mobiliza 1,2 millóns de euros para reforzar o plan de prevención de lumes

Os concellos beneficiarios son Carballeda de Avia, Allariz, Padrenda, Chandrexa de Queixa, Vilar de Santos, A Pobra de Trives, O Carballiño, Vilardevós, Carballeda de Valdeorras, Verín e Xunqueira de Ambía
luis-menor
Luis Menor
18 Aug 2025

A Deputación de Ourense vén de aprobar na súa Xunta de Goberno mobilizacións económicas por de 1,2 millóns de euros, destinadas a reforzar a prevención de lumes.

O presidente provincial, Luis Menor, destacou que a institución está “desde o minuto un e con implicación total” no operativo de extinción de incendios dirixido pola Xunta desde o Centro de Coordinación Operativa (CECOP). Neste marco, Menor anunciou a chegada de tres operativos de bombeiros procedentes de Málaga, xestionados pola Deputación a través da FEMP, para reforzar a capacidade operativa dos parques provinciais.

Así, a Deputación destinará 1,2 millóns de euros para que 12 concellos adquiran maquinaria fundamental para o mantemento da contorna agroforestal e a prevención de incendios. Os beneficiarios inclúen Carballeda de Avia, Allariz, Padrenda, Chandrexa de Queixa, Vilar de Santos, A Pobra de Trives, O Carballiño, Vilardevós, Carballeda de Valdeorras, Verín e Xunqueira de Ambía.

Ademais, mobiilizaranse ramén 500.000 euros á Comunidade de Regantes “Nova Limia” para a modernización das instalacións de regadío, un proxecto que conta cun orzamento total de case 36 millóns de euros. Menor resaltou que estas axudas proporcionan seguridade económica e xurídica aos regantes, permitindo avanzar na modernización dun sector clave para a comarca.

A cooperación cos concellos tamén se reforza, destinando preto de 823.000 euros a obras, melloras de espazos públicos e servizos en 17 municipios da provincia. Ademais, a Deputación concederá 239.500 euros a diferentes entidades deportivas, culturais e empresariais, entre as que se inclúen o Club Hockey Barrocás, a Escudería Celanova Motor, a Federación de Fútbol de Ourense, a Fundación Vicente Risco ou a Fundación Rosalía de Castro.

Menor subliñou que estas medidas evidencian o compromiso “firme, fundamental e constante” da Deputación coa protección da poboación, o mantemento do territorio e o apoio aos sectores estratéxicos e á actividade cultural e deportiva da provincia.

⚙ Configurar cookies
0.18604898452759