A Deputación de Ourense reforza o seu apoio ao comercio

OurenseXa
O presidente provincial mantivo un encontro coa presidenta da Federación de Comercio de Ourense para avanzar novas liñas de colaboración
menor-federacion-comercio
Luis Menor e Beatriz Gómez
5 Mar 2026

A Deputación de Ourense reforzará a súa aposta pola dinamización do sector comercial na provincia, segundo anunciou o presidente provincial, Luis Menor, tras manter un encontro coa presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez. Durante a reunión, analizaron os resultados das accións desenvolvidas en 2025 e estableceron as liñas mestras para este ano.

Menor destacou a "eficacia" e a "representatividade á alza" da federación, que no último ano incorporou seis novas asociacións. Ante este impulso do sector, o presidente confirmou que a colaboración coa Deputación non só continuará, senón que se incrementará en 2026 "na medida das posibilidades financeiras da mesma".

"Apostamos polo comercio ourensán e pola Federación como lexítima representante do mesmo", subliñou Menor, destacando a importancia de "apoiar todas aquelas accións que beneficien a un sector tan importante para a nosa cidade e provincia".

Pola súa banda, Beatriz Gómez agradeceu o respaldo da Deputación e resaltou o carácter provincial da federación, que actualmente representa a 17 asociacións sectoriais e comarcais. Segundo a presidenta, “estamos loitando para que o comercio sobreviva, xa que é vital para as rúas das nosas comarcas e cidades".

0.12345695495605