A Deputación dedica o ‘8M mes a mes’ de xaneiro ás mulleres de migrantes

OurenseXa
O lema deste é “Pilastras da Igualdade”, para destacar a forza, resiliencia e traballo das mulleres que sacaron adiante ás súas familias mentras os seus maridos estaban na emigración
Julia Vázquez,
Julia Vázquez
8 Jan 2025

A Área de Igualdade da Deputación continúa coa súa campaña “8M, mes a mes”, pensada para dar visibilidade ás mulleres con traxectorias destacadas en profesións altamente masculinizadas, así como para potenciar a importancia do traballo transversal da muller.

Así a Deputación dedica o mes de xaneiro a todas aquelas mulleres que sacaron adiante as súas familias adentrándose en profesións masculinizadas mentras os seus maridos estaban traballando emigrados. Por elo, o lema escollido este mes pola Área de Igualdade é “Pilastras da Igualdade”, para destacar a forza, resiliencia e traballo das mulleres que viviron situacións similares á de Julia Vázquez Álvarez, quen personifica en xaneiro  esta campaña.

Julia Vázquez , residente en As Mamoelas (A Bola), levou a cabo a dura tarefa de sacar adiante a súa familia en ausencia do seu cónxuxe nunha época na que a muller estaba indiscutiblemente discriminada. En 1971, cando ela tiña 28 anos, o seu marido, David, emigrou a Suíza para poder manter á súa familia. Mentres, ela quedou ao coidado dunha tía, do seu sogro e de dous fillos de curta idade. Ademais do coidado de dous cativos e dúas persoas maiores, Julia adicábase á gandería na explotación de vacas familiar, ao mesmo tempo que traballaba a horta. Cando o seu marido regresou, construíron unha granxa de coellos na que traballou toda a familia.

Impulsada polos seus irmáns e o seu marido, Julia foi a primeira muller en sacar o carné de conducir da zona, así como a primeira en ter o seu coche propio, en xullo de 1975. O seu marido non se atrevía a facelo e foi ela a que decidiu sacalo, sendo a única muller da autoescola e tardou só un mes en aprobar. Xa co permiso de conducir, a familia aproveitou para sacarlle rendibilidade, vendendo no coche mazás en Xinzo de Limia.

O carácter solidario de Julia facía que, sendo como era unha das poucas persoas con coche da zona, cando vía a alguén a pé pola contorna do seu traxecto non dubidaba en recollelo e levalo ao seu destino de xeito desinteresado. E o seu afán por coidar dos seus fixo que os seus netos tamén se criasen con ela, sendo tamén testemuñas do traballo do seu labor no campo, na granxa e co coche.

0.18040108680725