A Deputación destaca o labor de Aspamadis na inserción laboral no Día Internacional da Discapacidade

OurenseXa
A asociación desenvolve diversas accións que abarcan desde cursos de informática e prevención de riscos laborais ata tarefas de desbroce e mantemento de zonas verdes
deputacion-aspamadis
3 Dec 2025

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuniuse no Pazo Provincial con representantes de Aspamadis, a Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Ourense, para poñer en valor o seu traballo en prol da inserción laboral deste colectivo.

Durante o encontro, ao que asistiron o presidente de Aspamadis, Manuel Martín González, e a secretaria da entidade, Elena Rodríguez Román, Menor destacou a importancia destas iniciativas especialmente cando se celebra o Día Internacional da Discapacidade. O presidente felicitou á asociación polo seu compromiso para mellorar a calidade de vida dos seus usuarios.

Aspamadis desenvolve diversas accións que abarcan desde cursos de informática e prevención de riscos laborais ata tarefas de desbroce e mantemento de zonas verdes. Estas actividades non só ofrecen unha axenda de traballo para os usuarios, senón que tamén fomentan o seu grao de autonomía.
Ademais, a Deputación comprometeuse a estudar futuras liñas de colaboración coa asociación para continuar apoiando estas iniciativas.

⚙ Configurar cookies
0.08183217048645