A Deputación destina 100.000 en axudas para adaptación de vivendas de persoas maiores de 65

A Xunta de Goberno desta semana vén de mobilizar un total de 240.000 euros, nos que sobresae unha novidosa liña de axudas que pon en marcha a Deputación, destinada a aluguer de axudas técnicas e adaptación de vivendas de persoas maiores de 65 anos.
Esta nova liña de axudas, dotada con 100.000 euros, está destinada a persoas maiores de 65 anos, empadroadas nos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e que sexas propietarias, usufructuarias ou arrendatarias de vivendas que precisen o servizo de adaptabilidade e/ou aluguer de axudas técnicas (como por exemplo, camas articuladas) para a adecuación funcional da súa vivenda habitual e/ou alugar axudas técnicas para incorporar ao seu día a día, a fin de mellorar a súa autonomía e propiciar a súa permanencia no seu fogar en condicións de seguridade, mellorando a súa calidade de vida e procurando a súa permanencia na súa contorna social e familiar o maior tempo posible.
En definitiva, estas subvencións pretenden facilitar que as persoas maiores alonguen o seu ciclo vital autónomo na súa propia casa, aumentando o benestar físico ou emocional que supón envellecer no propio fogar e no entorno.
As solicitudes presentadas poderán optar a una subvención máxima de 2.000 euros e non poderán superar o 100% do gasto total que implique o servizo de adaptación da vivienda ou de axuda técnica, como por exemplo o aluguer de camas articuladas. O prazo improrrogable de presentación será de 1 mes, contado a partir do sétimo día natural posterior á publicación no Boletín Oficial da Provincia do extracto destas bases. As axudas concederanse por orde de solicitude.
No que atinxe ás axudas para a cooperación cos municipios, a Xunta de Goberno desta semana tamén aprobou achegas para a reposición de pavimento de rúas en Veiga de Nostre (Castrelo do Val), por un importe de 40.000 euros. Ao Concello de Vilamarín concedéronselle 100.000 euros para equipamento do Centro de Día para atención a persoas maiores deste municipio.
Por último, a mesma sesión aprobou modificacións no destino de partidas do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos (CooperOU) solicitadas pola Entidade Menor de Berán, o Concello da Gudiña e o Concello de Taboadela.