A Deputación destina 48.000 euros para a renovación do pavimento en San Pedro de Moreiras

OurenseXa
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense ven del aprobar a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación con concellos e entidades
moreiras-toen
San Pedro de Moreiras, Toén
30 abr 2024

A sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno aprobou 250.971,06 euros en axudas para a cooperación con concellos así como con entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2024. Neste apartado, aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria destas axudas, por un importe de 100.000 euros.

No que atinxe ás achegas a concellos, o de Amoeiro percibe 48.400 euros para o acondicionamento de camiños municipais en Quintás, Villavistosa e Outeiro. Ao de Larouco concédenselle 54.971,06 euros para o cofinaciamento de diversas actuacións. Por ultimo, o Concello de Toén recibirá 48.000 euros par a renovación do pavimento no núcleo de San Pedro de Moreiras.

Tamén foron aprobadas senllas modificacións do Plan de Cooperación ás obras e servizos municipais, CooperOU, en relación coas actuacións previstas en Ramirás e Xinzo de Limia. Ambos concellos solicitaron o cambio no obxecto das súas correspondentes asignacións (142.137,8€ e 250.000 euros, respectivamente).