A Deputación destina máis de 668.000 euros a cooperar con concellos e entidades culturais, deportivas e veciñais

OurenseXa
A sesión ordinaria desta semana da Xunta de Goberno provincial aprobou as bases reguladoras para a concesión de achegas ás asociacións veciñais para o financiamento da adquisición de equipos
Xunta_Goberno_deputacion_Ourense_2
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
11 Mar 2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá no Pazo Provincial baixo a presidencia de Luis Menor, aprobou a concesión dun total de 668.326,04 euros en subvencións para cooperación cos concellos e colaboración con entidades, así como tamén as bases reguladoras para a concesión de achegas ás asociacións veciñais para o financiamento da adquisición de equipos.

Segundo estas bases o seu obxecto é a regulación da tramitación e concesión, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións ás asociacións veciñais de Ourense, coa finalidade de financiar a adquisición de equipamento para este ano. A contía máxima dispoñible para a concesión destas subvencións é de 30.000,00 euros e o prazo para presentar as solicitudes remata o 20 de abril.

En cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou unha subvención de 111.436,34 euros para o Concello de Ribadavia, destinados á reforma da pista central do centro deportivo municipal O Consello. Tamén concedeuse unha axuda de 49.960,80 euros ao Concello de Avión para a mellora de redes de saneamento e pluviais no núcleo de San Vicenzo; de 47.371,50 euros para pista multideportiva no Concello de Trasmiras;  40.000 € para pavimentación de rúas Castrelo do Val; 30.000 € para a reparación de depósitos e abastecemento en varias poboacións de San Xoán de Río; e 7.429,88 euros ao Concello de Porqueira para cofinanciamento do fondo de compensación.

Na reunión desta mañá aprobáronse tamén catro axudas, todas elas polo mesmo importe de 48.000 €, para humanización de núcleos en Oímbra; acondicionamento de accesos ao polígono de Pazos en Verín; e mellora de rúas en núcleos de Vilamartín de Valdeorras e Vilariño de Conso. Cómpre sinalar que se aceptou ademais unha solicitude presentada polo Concello de Cortegada para modificar unha subvención concedida para mellora de alumeado público, da que non varía o importe de 13.627,52 euros.

Polo que respecta á colaboración con entidades, a Xunta de Goberno aprobou unha achega de 87.500 euros a favor da Academia Galega do Audiovisual para o desenvolvemento de actividades ao longo do presente ano. A Asociación Deportiva Bosco Ourense recibirá 50.000 euros para gastos de funcionamento, idéntico destino que a subvención de 4.000 para a Escola de baile e Música Tradicional da Asociación Cultural Rebulir.

 

0.11512684822083