A Deputación destinará 250.000 euros ao COB para gastos de funcionamento

OurenseXa
A partida irá destinada aos gastos de funcionamento e mantemento da entidade
pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso
Pazo Provincial da Deputación de Ourense
13 Jan 2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar, na sesión celebrada esta mañá, un total de 683.000 euros en axudas para diversas actividades en materia cultural.

Entre elas, a Deputación aprobou destinar 4.000 euros para a Fundación Vicente Risco, para os seus premios de novela curta e de ciencias sociais, así como 10.000 euros para a Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia.

Ademais, aprobouse a mobilización de 9.000 euros para a organización da Gala das Empresas da Confederación Empresarial e 60.000 euros para o Consello Regulador de Monterrei para o seu plan estratéxico.

En materia deportiva, a Deputación de Ourense vén de mobilizar un total de 250.000 euros para o Club Ourense Baloncesto SAD para gastos de funcionamento e mantemento da entidade.

0.1705219745636