A Deputación doa preto de 35 toneladas de patacas da Limia ao Banco de Alimentos de Ourense

OurenseXa
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na entrega de máis de 10.000 quilos de patacas que vén de doar a institución provincial ao Banco de Alimentos de Ourense.
Deputacion_Ourense_Patacas_Limia_Banco_Alimentos
23 Xan 2024

O presidente provincial, Luis Menor fixo hoxe entrega dos últimos 10.000 quilos e aproveitou para agradecer o “gran labor” que realiza o Banco de Alimentos de Ourense “a prol das persoas que máis o precisan”  

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na entrega de máis de 10.000 quilos de patacas que vén de doar a institución provincial ao Banco de Alimentos de Ourense. Esta doazón completa as entregas realizadas desde decembro do ano pasado ata alcanzar un total de 35 toneladas de pataca cultivada nos campos de ensaio e demostración que o Inorde ten na comarca da Limia.

Luis Menor aproveitou a visita ás instalacións do Banco de Alimentos de Ourense para agradecer o “gran labor que realiza a prol das persoas que máis o precisan” e recoñeceu que o traballo que desenvolven as numerosas organizacións sociais na provincia resulta “crucial e imprescindible para moitas familias ourensás”. No acto tamén participaron o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; e o presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, que estiveron acompañados por persoal de ambas entidades.

As patacas doadas ao longo do ano foron producidas na finca de ensaios Antela nas experiencias que se realizan ó abeiro de proxectos de investigación europeos, de experiencias propias enmarcadas dentro do ámbito da sustentabilidade que realiza o Inorde e, sobre todo, grazas ao traballo realizado polo alumnado que participou no curso de Actividades Básicas de Agricultura que se realiza cada ano a través do convenio entre Cáritas Ourense e o Inorde.

Esta acción formativa permite dotar de coñecementos ás persoas en risco de exclusión social, nun dos sectores que máis demanda ten actualmente de man de obra cualificada na provincia; así como colaborar con Cáritas coa doazón do produto resultante do seu traballo mantendo o compromiso social da Deputación de Ourense co tecido social da provincia.

0.19124102592468