A Deputación e o SERGAS, inician a tramitación dixital do programa ChegOU

OurenseXa
As nais que dean a luz nos centros da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras poderán solicitar dixitalmente o Programa ChegOU desde a propia habitación do hospital sen necesidade de certificado dixital, asinando a solicitude coa súa propia voz
ChegOu_CHUO_Sergas_Deputacion_Ourense
1 Feb 2024

A Deputación de Ourense, en colaboración co Sergas, puxo en marcha hoxe un novo servizo deseñado para que calquera persoa, pero especialmente aquelas que sofren a fenda dixital, poidan, desde o hospital presentar solicitudes ante a administración electrónica provincial sen necesidade de certificado dixital, asinando as solicitudes coa súa propia voz a través de dispositivos que se facilitarán no propio centro sanitario e co apoio e a coordinación de persoal técnico do hospital e da Deputación de Ourense.

As nais que dean a luz nos centros da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras poderán solicitar dixitalmente o Programa ChegOU desde a propia habitación do hospital sen necesidade de certificado dixital, asinando a solicitude coa súa propia voz. Hoxe 1 de febreiro, primeiro día do prazo aberto para presentar solicitudes 2024, foi Susana, a nai dun do bebé chamado Adriana que naceu onte, foi a primeira en presentar directamente a solicitude desde a súa habitación do hospital, asinándoa coa súa voz e cunha copia no seu propio móbil da solicitude presentada no rexistro electrónico da Deputación.

Cooperación institucional para os tres hospitais da provincia

Así, a Deputación de Ourense, coa colaboración do Sergas, implementa un novo enfoque no ámbito público: a persoa non ten que ir á administración, a administración vai onde está a persoa. Un sistema de tablets habilitadas pola Deputación de Ourense nos tres hospitais da provincia de Ourense, unido a persoal de apoio nos tres centros hospitalarios, fará posible que todas as nais que así o consideren poidan valerse dos dispositivos electrónicos e así presentar dixitalmente desde a súa habitación a solicitude administrativa.

Nos horarios previamente coordinados polos traballadores sociais sanitarios do Hospital e a área de Benestar da Deputación, a solicitante deberá premer nunha ligazón que terá á súa disposición na tablet para así ser atendido a través da mesma por un empregado público provincial que cubrirá a solicitude on-line en tempo real. Unha vez terminada poderá visionala no dispositivo electrónico e asinala coa voz, que quedará anexa á solicitude e deste xeito presentarase ante o rexistro electrónico a través dun funcionario habilitado. No mesmo día, a través de correo electrónico e por whatssapp, a persoa interesada recibirá no seu teléfono móbil a solicitude xa presentada e selada no rexistro electrónico provincial.

No prazo máximo de sete días hábiles desde o momento que fixese a solicitude desde a habitación do hospital (no caso de que cumpran os requisitos solicitados para a concesión da axuda) a persoa recibirá no  seu domicilio unha tarxeta prepago coa axuda que lle corresponda para ser empregada en gastos sociosanitarios nas farmacias da provincia.

0.19888496398926