A Deputación edita a obra As máscaras dos homes de Nós, de Joaquim Ventura Ruiz
A Deputación de Ourense editou a obra As máscaras dos homes de Nós de Joaquim Ventura Ruiz. A obra foi seleccionada no concurso para edición e coedición de publicacións da Deputación do ano 2023 e súmase así ás numerosas edicións existentes ao redor da Xeración Nós, que contribúen a poñer en valor a inmensa herdanza que deixaron referentes culturais como Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco ou Florentino López Cuevillas, presentes neste libro.
Coa publicación de As máscaras dos homes de Nós a Deputación de Ourense amosa unha vez máis o seu firme compromiso con aquela xeración que se propuxo poñer a Galicia no lugar que lle corresponde, no contexto estatal ibérico, europeo e internacional e tamén en ligazón coa nosa emigración.
Joaquim Ventura Ruiz contribúe con esta obra a seguir falando, repasando e debullando, baixo unha perspectiva persoal, o pensamento político e a gran influencia social e cultural dalgúns deses homes de Nós.
Esta publicación se suma a longa lista de libros editados pola Deputación e rende homenaxe ao legado cultural, social e científico que nos deixou a Xeración Nós, contribuíndo así a salvagardar a súa gran obra e o compromiso con esta terra, berce da cultura galeguista que acolleu a numerosos escritores e poetas que protagonizaron un dos movementos máis importantes dos últimos séculos en Ourense.