A Deputación entrega 7.000 quilogramos de patacas ao Banco de Alimentos de Ourense

A Deputación de Ourense fixo entrega hoxe ao Banco de Alimentos dun total 7.000 quilos de patacas. Trátase da primeira das achegas que a institución provincial levará a cabo para a campaña de Nadal, e que completarse en decembro con outra achega, ata alcanzar os 14.000 quilos deste produto, segundo anunciou o presidente Luis Menor, contribuíndo así a apoiar aos colectivos máis vulnerables e reforzar a seguridade alimentaria en Ourense.
Durante o acto de entrega, que cotou coa presenza do presidente do Banco de Alimentos, Cecilio Santalices, o presidente provincial destacou que este acto evidencia a aposta da Deputación por unir investigación, produción agraria e acción social, impulsando unha rede económico-social que beneficia ao conxunto da provincia e reforza a valorización dos recursos rurais.
As patacas entregadas proceden da Finca A Antela, onde se desenvolveron durante a última campaña diversos ensaios agrícolas centrados na mellora deste cultivo estratéxico para a provincia.