A Deputación de Ourense estrea unha nova páxina web do Boletín Oficial da Provincia
A páxina web do Boletín Oficial da Provincia , estreará o venres, 1 de marzo, un deseño renovado a través da súa nova web, que adaptarase a calquera dispositivo desde o que se visualice (responsive). Trátase dunha mellora, realizada desde o Servizo de Administración Electrónica, co fin de facilitar o máximo o acceso ao BOP.
Entre as melloras que contempla esta nova web, que manterá o seu enlace habitual desde a páxina da Deputación, destaca a posibilidade de descargar de modo individualizado os anuncios de cada boletín, permitindo que sexa en formatos PDF ou EPUB, este último para a súa lectura en libro electrónico.
Tamén contempla o pago online dos anuncios, así como a subscrición a alertas, que se pode realizar por temáticas do BOP ou por seccións do mesmo. Deste xeito, cada vez que se publique un boletín que conteña algún tema seleccionado polo subscritor enviaráselle un correo electrónico avisando de dita publicación.
Os documentos electrónicos xerados no Boletín Oficial da Provincia de Ourense incluirán un código seguro de verificación (CSV), que permitirá contrastar a autenticidade do documento mediante o acceso aos arquivos electrónicos do BOP.
Por último, entre as melloras da nova páxina web atoparase a posibilidade de enviar suxerencias e melloras acerca da mesma.