A Deputación fomenta a colaboración cos concellos mediante a renovación do seu portal de infraestruturas e equipamentos

OurenseXa
A institución provincial renova o Sistema de Información Territorial da Enquisa de Equipamentos e Infraestruturas Locais para reforzar a xestión do territorio, a colaboración cos concellos e a transparencia cara á cidadanía
fachada-pazo-provincial-deputacion-de-ourense
22 Oct 2025

A Deputación Provincial de Ourense renovou por completo o seu Sistema de Información Territorial da Enquisa de Equipamentos e Infraestruturas Locais (SITEIEL), consolidándoo como a Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) da institución.

Esta actualización supón un avance importante na xestión do territorio, na colaboración cos concellos e na transparencia cara á cidadanía. Entre os seus obxectivos atópase a integración da Estratexia Europea de Datos e a Directiva de Datos Abertos, promovendo a reutilización da información no ámbito público.

O novo portal permite a municipios e cidadáns acceder, consultar e xestionar non só a información anual da EIEL, senón tamén todas as fontes de datos que se incorporen no futuro. Ofrece ferramentas máis completas, unha navegación máis intuitiva e novas opcións de colaboración entre administracións e usuarios.

A EIEL funciona como un instrumento de análise cualitativa e cuantitativa dos servizos municipais en localidades de menos de 50.000 habitantes, proporcionando un inventario censal que permite avaliar periodicamente a situación e o nivel de equipamento de cada municipio.

⚙ Configurar cookies
0.12556481361389