A Deputación inicia a reparación de muros de contención danados polos temporais en Coles e Carballeda de Avia

OurenseXa
Os traballos afectan á OU-0504, no concello de Coles, e na OU-0306, en Carballeda de Avia, cun investimento total superior aos 110.000 euros
estrada-coles-temporal
26 Mar 2026

A Deputación de Ourense puxo en marcha esta semana os traballos de reconstrución de dous muros de contención situados en puntos críticos da rede viaria provincial. Concretamente, os traballos desenvólvense na OU-0504, no concello de Coles, e na OU-0306, en Carballeda de Avia.

Estas actuacións, consecuencia das sucesivas borrascas rexistradas entre novembro e xaneiro, foron consideradas prioritarias debido á súa gravidade, xa que afectaban directamente á estabilidade da calzada e á seguridade do tráfico.

A Deputación, afirma o presidente provincial, Luis Menor, “seguirá traballando para restaurar con rapidez as infraestruturas afectadas e garantir a seguridade e a conectividade en toda a provincia”. Estas intervencións foron incluídas, xunto con outras na rede provincial, nas memorias remitidas ao Goberno de España para optar a financiamento estatal destinado a paliar os danos en infraestruturas locais, acolléndose á declaración de Zona Afectada Gravemente por unha Emerxencia de Protección Civil (ZAGEPC).

Os traballos de urxencia comezaron na estrada OU-0306 San Cristovo–Leiro, no punto quilométrico 9+480, onde o deslizamento e colapso do terraplén provocou o desprendemento dunha parte da calzada e a perda de soporte da plataforma.

A gravidade do dano, que obrigou ao corte parcial da vía e representaba un risco importante para a seguridade viaria, levou á Deputación a tramitar a obra mediante un contrato menor urxente. O importe da actuación ascende a 42.350 euros (IVE incluído) e foi adxudicada á empresa Graexcon Granitos Excavación y Construcción S.L.L.

A segunda intervención realizase na estrada OU-0504 A Casilla–Barra de Miño, entre os quilómetros 3+080 e 3+120, onde se declarou oficialmente a situación de emerxencia debido á inestabilidade crítica dun muro de contención. No lugar apareceron gretas superiores aos 3 centímetros e existía risco inminente de afundimento da calzada, obrigando a ocupar un dos carrís para garantir a seguridade.

O investimento total nesta actuación é de 68.674,19 euros (IVE incluído) e a obra foi adxudicada á empresa Granitos y Obras Mosquera, S.L.

0.12358808517456