A Deputación lanza unha nova canle de comunicación a través de whastapp
OurenseXa
Trátase do primeiro medio dixital a través do cal se publicarán as novidades sobre o programa Termalismo Social
Pazo Provincial da Deputación de Ourense
5 Apr 2024
A Deputación de Ourense lanza unha nova canle de comunicación a través de whatsapp para que os usuarios dispoñan de toda a información do programa de Termalismo Social.
Esta canle do Programa de Termalismo Social da Deputación ofrecerá noticias sobre o Programa (inicio solicitudes, novas prazas, ofertas..) e sobre aspectos de saúde e ocio relacionados cos balnearios.
Trátase do primeiro medio dixital a través do cal se publicará a vindeira data de apertura do Programa con tren e información sobre o número de prazas, datas das rutas culturais, entre outras.