A Deputación lanza unha nova edición do programa EsquiOU na Estación de Montaña de Manzaneda

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Esta edición ofrece 1.050 prazas para nenos e nenas da provincia nados entre o 1 de xaneiro de 2014 e 31 de decembro de 2017
Imaxe da Estación de Montaña de Manzaneda
3 Dec 2025

A Deputación de Ourense, en colaboración coa Estación de Montaña de Manzaneda, lanzan unha nova edición do programa ESQUIOU 2026, unha iniciativa destinada a promover o contacto dos máis pequenos co deporte da neve e coa práctica do esquí nun contorno seguro, formativo e inclusivo.

Na presentación desta iniciativa participaron o vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, o xefe territorial de Turismo da Xunta en Ourense, Cecilio Santalices, e o director da Estación de Montaña de Manzaneda, Victor Manuel Picos.

Trátase dun dos programas máis agardados do ano na provincia, que achegará a máis de 1.000 nenos e nenas un completo programa de actividades, incluíndo alternativas segundo as condicións meteorolóxicas ou a falta de neve.
Esta edición ofrece 1.050 prazas para nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2017, repartidas en 10 quendas de tres días e dúas noites.

Ademais, en cada quenda reservaranse 5 prazas para participantes en situación de inclusión social, incluíndo menores con discapacidade auditiva, visual, trastornos do espectro autista, síndrome de Down ou outras condicións que requiran apoio específico, garantindo así un programa plenamente accesible e igualitario.

Todas as actividades A desenvolveranse nas instalacións da Estación de Montaña Manzaneda, que conta con 23 pistas de esquí alpino homologadas, snow park, escola de esquí con profesionais acreditados, aluguer de material renovado e servizos complementarios adaptados ás necesidades dos grupos. O programa inclúe aloxamento, manutención, curso de iniciación ao esquí, acceso a piscina climatizada, actividades deportivas e lúdicas, monitores acompañantes, transporte e seguro de viaxe, tal e como recolle o documento informativo oficial

O calendario de actividades terá lugar entre xaneiro e marzo, organizando as quendas por comarcas, combinando clases de esquí, actividades deportivas en pavillón, tempo de descanso e tempo libre supervisado, así como unha velada nocturna ou disco infantil.

En caso de que as condicións climatolóxicas non permitan a práctica do esquí con seguridade, a actividade adaptarase a un programa alternativo de multiaventura, tiro con arco, rocódromo e pre‐esquí, garantindo sempre o máximo aproveitamento da experiencia.

En canto ás instalación, o director da Estación de Montaña de Manzaneda, Cecilio Santalices, adiantou que xa se está a reparar todos os danos que sufriu durante a vaga de lumes deste verán para poder abrir canto antes.

⚙ Configurar cookies
0.080817937850952