A Deputación mobiliza máis de 224.000 na cooperación con concellos e entidades

OurenseXa
A institución provincial destinará 123.857 a entidades culturais e 100.324 a varios concellos da provincia
xunta-de-goberno-deputacion-ourense
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
29 Sep 2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou esta semana 13 asuntos cos que se mobilizarán un total de 224.181,51 euros. Deste importe, 100.324,01 euros destínanse a cooperación con concellos e entidades supramunicipais, mentres que 123.857,5 euros se dedicarán a colaborar con entidades culturais, deportivas e empresariais.

Entre os proxectos de colaboración municipal, a Mancomunidade do Ribeiro recibirá 80.000 euros para a compra dun camión destinado á recollida de lixo, co fin de mellorar os servizos de xestión de residuos na comarca. Ademais, o Concello de Bande contará con 15.500,09 euros para a mellora do salón de actos da Casa do Concello, e o Concello de Boborás percibirá 4.823,92 euros para cofinanciar proxectos paisaxísticos e a reforma do lavadoiro de Laxas.

No ámbito das entidades culturais e deportivas, a IXP Castaña de Galicia recibirá 10.000 euros para gastos de funcionamento, mentres que Sarabela Teatro, para os festivais FITO e MITEU, obterá 39.000 euros. A Asociación Cultural Musical Novo Camiño disporá de 9.857,50 euros e a Agrupación Cultural Agromadas de 2.000 euros para cubrir os seus gastos operativos. En materia deportiva, a Escudería Lobios Motorsport percibirá 12.000 euros para o Rallye Sprint de Lobios.

No apartado empresarial, a Asociación de Empresarios do Polígono Barreiros contará con 11.000 euros e a Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao con 40.000 euros, ambos para gastos de funcionamento.

Finalmente, a Xunta de Goberno aprobou tamén modificacións do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais, CooperOU, a petición dos concellos de A Veiga, Avión e Allariz.

⚙ Configurar cookies
0.098150968551636