A Deputación mobiliza preto de 250 mil euros en axudas á cooperación con concellos da provincia

OurenseXa
Estas achegas irán destinadas á adquisición de mobiliario urbano e de parques infantís, entre outras cuestións
xunta-de-goberno-deputacion-ourense
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
15 Oct 2024

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar, na súa sesión ordinaria semanal, a mobilización dun total de 247.044,78 euros en axudas á cooperación con concellos da provincia.

Estas achegas irán destinadas á adquisición de mobiliario urbano e de parques infantís, á mellora do firme de rúas; ao arranxo de accesos, á renovación de luminarias, á humanización e mellora de prazas e espazos públicos e a obras e instalacións municipais.

Na mesma sesión aprobáronse un total de 12 modificacións do destino das asigacións do Plan de Cooperación Provincial CooperOU, a petición dos concellos beneficiarios.

0.14995217323303