A Deputación obtén unha subvención de máis de 1,3 millóns para fomentar o turismo

OurenseXa
É a única administración pública de Galicia en obter dita subvención, destinada ao proxecto “Ourense preto de ti”
pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso
Deputación de Ourense
19 Dec 2024

O Ministerio de Industria e Turismo, a través da Sociedade  Mercantil para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas S.A.M.P. (SEGITTUR), comunicou á Deputación de Ourense a aprobación do proxecto “Ourense preto de ti” así como a subvención do mesmo ao 100%, alcanzando a cifra de 1.327.618 euros.

Dita subvención enmárcase dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e está financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

Na súa valoración o Ministerio de Industria e Turismo considera, entre outros, que o proxecto inclúe información moi exhaustiva e moi relevante, que demostra un coñecemento profundo e amplo incorporando diferentes servizos. Considera tamén que se consigue unha proposta completa e xustificada que non deixa aspectos sen tratar. Esta valoración implica que a Deputación de Ourense sexa a única gran administración pública de Galicia en conseguir a mencionada subvención.

En relación ao proxecto, a Deputación expuxo como obxectivos principais a integración da súa a plataforma de turismo intelixente co nodo central da Plataforma Intelixente de Destino de Segittur; a implantación dun servizo de asistencia dixital personalizada ao turista en múltiples idiomas; o incremento da  accesibilidade dixital dos recursos turísticos; o deseño e definición dun modelo de medición de impacto do turismo termal; a mellora do coñecemento dos camiños de Santiago que atravesan a provincia; o impulso do enoturismo e a promoción do turismo de congresos.

Técnicos da Deputación xa contactaron cos responsables da empresa Segittur e iniciaron os trámites administrativos para a realización do proxecto, que se espera quede rematado en xuño do ano 2026.

0.18019008636475