A Deputación pon en marcha unha campaña de sensibilización para fomentar a compostaxe nos fogares

OurenseXa
A institución provincial repartiu xa máis de 5.000 composteiros por toda a provincia
composteiro-2
19 Nov 2025

A Deputación de Ourense pon en marcha unha campaña de sensibilización destinada a promover a compostaxe nos fogares da provincia. Ata o de agora, xa se entregaron máis de 5.000 composteiros en distintas casas, e a institución anima ás familias a sumarse para reducir a cantidade de residuos orgánicos xerados.

Como parte da campaña, a institución provincial vén de lanzar un vídeo no que dúas familias que xa practican a compostaxe comparten a súa experiencia e explican as vantaxes desta práctica para o medio ambiente e para o propio fogar.

As persoas interesadas poden solicitar gratuitamente o seu composteiro contactando coa Área de Medio Ambiente da Deputación. Un técnico encargarase de facer a entrega, ensinar o uso correcto do equipamento e axudar no seu montaxe.

Un beneficio adicional desta iniciativa é que os fogares que se inscriban e realicen compostaxe de forma adecuada poderán beneficiarse dunha redución do 30% na taxa do lixo.

Este proxecto forma parte do compromiso da Deputación coa sustentabilidade e a redución de residuos, e está enmarcado nas axudas da Xunta de Galicia en materia de residuos, cofinanciadas pola Unión Europea a través do programa Next Generation EU.

⚙ Configurar cookies
0.074166059494019