A Deputación solicita unha reunión co Comisionado do Corredor Atlántico para expoñer o proxecto da estación de mercadorías en San Cibrao

OurenseXa
A petición realízase logo da aprobación unánime no último pleno dunha moción para demandar ao Goberno de España que inicie os trámites para a construción desta infraestrutura, considerada como “unha infraestrutura de vital importancia”
pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso
Pazo Provincial da Deputación de Ourense
7 Jun 2024

presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, vén de solicitar ao Comisionado do Goberno para o Corredor Atlántico, José Antonio Sebastián, unha reunión para trasladar ao Goberno de España o proxecto de construción dunha estación ferroviaria de mercadorías no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, por ser unha infraestrutura de “vital importancia” para a provincia de Ourense e a loxística empresarial.

A solicitude foi tramitada logo de ser aprobada de xeito unánime pola corporación provincial -no pasado pleno do mes de maio-, unha moción para demandar ao Goberno de España, a través do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que inicie os trámites para a construción da citada terminal de mercadorías.

Trátase de dar resposta á reivindicación máis importante do tecido empresarial de Ourense, que demanda un servizo que facilitará a intermodalidade no movemento de cargas e aumentará a competitividade das empresas, permitindo tamén liberar espazo na estación Ourense-Empalme.
Hai que ter en conta que o Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é un dos de maior superficie de Galicia, así como dos máis antigo, e que pese ao seu gran potencial industrial só conta cun apeadoiro-cargadoiro ferroviario que só dá servizo a unha gran empresa agroalimentaria.

O transvase de mercadorías da estrada ao ferrocarril é un obxectivo dos gobernos para lograr maior aforro enerxético e económico, evitar a contaminación e os accidentes, a menor ocupación do territorio e a diminución da dependencia do petróleo, entre outras vantaxes.

Cabe destacar que o 90% das mercadorías de Ourense móvense no cinto empresarial composto por este polígono, así como os de Barreiros, Seixalbo e Pereiro de Aguiar, e a súa construción permitiría liberar 140.000 metros cadrados de solo no barrio de A Ponte, pois en realidade trátase de trasladar o que hoxe é a estación de mercadorías situada na estación de Ourense ás proximidades da Cidade do Transporte.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18907690048218