A EFF Rosalía enfróntase en Oira ao Sporting Club San Mateo

OurenseXa
O partido dará comezo este domingo, 24 de marzo, ás 12.00 horas no complexo deportivo de Oira
Eff_rosalia
EFF Rosalía
24 Mar 2024

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía enfrontarase ao Sporting Club San Mateo, este domingo, ás 12.00 horas co obxectivo de sumar tres puntos. Tras o terceiro empate cosecutivo, as pontinas chegan con ganas de máis. Queren volver sumar tres puntos en Liga para acurtar distancia cos postos de arriba.

O encontro non será nada fácil, xa que o conxunto de Roberto Vázquez xa foi capaz de derrotar ás azuis no partido da primeira volta por 2-1. Será o primeiro partido das ponteareás despois das dúas xornadas aprazadas polo falecemento da súa xogadora, Paula Andrea Tellado, en tráxico accidente de tráfico o pasado 10 de marzo.

Para este encontro, Alberto Tamayo, non poderá contar coas xogadoras que seguen a recuperación das súas lesións, a última delas, Sara Bonjoch. Con todo iso, o adestrador ourensán, está a contar con varias xogadoras dos equipos cadete para completar as convocatorias, destacando o debut de Nair a pasada xornada.

Por tanto, as pontinas teñen, en caso de lograr os tres puntos, opción de recortar puntos aos seus rivais na loita pola fase de ascenso, ao enfrontarse Touro con Arenteiro e Calo co líder, Concello de Boiro.

Dende o club lendran que ao comezo do encontro farase un acto de homenaxe con motivo do falecemento da xogadora do San Mateo, Paula Andrea Tellado, nun tráxico accidente de tráfico. Este encontro será o primeiro que dispute o conxunto de Ponteareas desde tan triste data.

0.16446614265442