A Escola de Música de Amoeiro celebrará este xoves o seu Festival de Nadal

OurenseXa
Os alumnos e alumnas da escola protagonizarán un concerto moi especial aberto a toda a veciñanza
festival-nadal-amoeiro
15 Dec 2025

A Escola de Música de Amoeiro prepara o seu tradicional Festival de Nadal, un concerto especial no que os alumnos e alumnas serán os protagonistas, amosando todo o aprendido durante o inicio do curso.
A cita será o vindeiro xoves 18 de decembro ás 19:30 horas na Casa da Cultura, con entrada libre ata completar o aforo.

Dende a organización animan á veciñanza a asistir e “despedir o ano en familia, gozando de boa música e do talento dos máis novos”.

⚙ Configurar cookies
0.086410999298096