A Escola de Música Municipal de Allariz actuará na Casa da Cultura
OurenseXa
Será este xoves, 22 de xaneiro, con entrada libre

21 Jan 2026
A Escola de Música Municipal de Allariz celebra un novo concerto o próximo xoves 22 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura.
O evento será unha ocasión para desfrutar do talento do alumnado e do traballo que se realiza na escola. A actividade forma parte da programación cultural do Concello e está aberta a toda a cidadanía.
Desde o Concello de Allariz invitan a veciños e visitantes a acudir e apoiar aos mozos músicos nesta cita musical.