A Escola de Música Tradicional de Baños de Molgas retomará as clases en outubro
OurenseXa
As clases inclúen formación en gaita, bombo, tamboril, canto, pandeireta e outras percusións miúdas

28 Sep 2025
O Concello de Baños de Molgas anuncia que o próximo 4 de outubro darán comezo as clases da Escola de Música Tradicional, unha oportunidade para aprender e manter vivas as tradicións musicais da localidade.
As clases inclúen formación en gaita, bombo, tamboril, canto, pandeireta e outras percusións miúdas, ofrecendo aos participantes a posibilidade de descubrir e practicar distintos instrumentos tradicionais.
As inscricións e máis información poden solicitarse nos teléfonos 690 249 593 ou 654 173 524.