A Escola Infantil de Nogueira de Ramuín cumpre 20 anos

A Escola Infantil de Nogueira de Ramuín cumpre 20 anos e, con este motivo, desde o centro e en colaboración co Concello, organizan unha gran festa de aniversario no Polideportivo de Luintra.
A festa será este sábado, 5 de xullo, ás 12:30 horas, e os asistentes poderán gozar de empanada e churrasco, nunha celebración destinada a toda a familia.