A escola infantil pública A Farixa cumpre 35 anos facilitando a conciliación familiar

OurenseXa
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica visitou as instalacións para homenaxear ao persoal do centro
Jacobo Rey visita a Escola Infantil A Farixa
Jacobo Rey visita a Escola Infantil A Farixa
8 Nov 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou as instalacións da escola infantil pública A Farixa que esta semana cumpre 35 anos de traballo na atención educativa de nenos e nenas de ata 3 anos e facilitando a conciliación familiar na cidade de Ourense e municipios da contorna.

O director xeral destacou o labor desta escola que é un piar fundamental para axudar ás familias na atención dos nenos e nenas durante os seus primeiros anos de vida. Así, Jacobo Rey salientou que desde a Xunta de Galicia se atenden todas as demandas destes centros para garantir a mellor estadía dos cativos. En concreto, na Farixa, a Xunta de Galicia financiou o cambio do pavimento exterior para dotalo de materiais máis seguros.

Así mesmo, Jacobo Rey fixo fincapé na necesidade de seguir impulsando recursos de atención aos máis novos tanto nas cidades coma nas zonas rurais. Neste sentido, trasladou aos profesionais do centro e familias, o firme compromiso do Executivo galego para garantir a conciliación familiar ao longo de toda Galicia.

0.14209985733032