A Escola Municipal de Música de Coles abre o prazo de inscrición para o curso 2025-2026

OurenseXa
O alumnado poderá anotarse ata o 18 de setembro en grupos de iniciación e perfeccionamento, con clases de gaita e pandeireta todos os xoves
musica-instrumentos-escola
Banda de Música Santágueda de Coles
30 Aug 2025

A Escola Municipal de Música de Coles pon en marcha un novo curso académico, no que se ofrece unha ampla variedade de actividades dirixidas a persoas de todas as idades con interese en afondar na tradición musical galega.

O programa inclúe clases de gaita e pandeireta, dous dos instrumentos máis representativos da nosa cultura, con grupos adaptados tanto para a iniciación como para o perfeccionamento. As sesións desenvolveranse cada xoves, co obxectivo de fomentar a aprendizaxe progresiva e o goce da música en comunidade.

Desde o Concello de Coles salientan que a Escola non só contribúe á formación musical, senón tamén á dinamización cultural e social do municipio. Ademais, lembran que o prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de setembro.

⚙ Configurar cookies
0.16798305511475