A Escola Provincial de Gaitas de Ourense oferta máis de 500 prazas para o curso 2024/2025
O Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) vén de facer públicas a programación e a oferta de prazas da Escola Provincial de Gaitas para o curso 2024-2025.
Para este curso, o organismo dependente da Deputación de Ourense ofertará un total de 510 prazas para os cursos de elemental, medio, superior e adultos de gaita, percusión, canto e pandeireta, tamén para adultos, e zanfona.
O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 31 de outubro e o prezo por curso académico e materia (gaita, percusión, zanfona, canto e pandeireta) será de 40 euros, con posibilidades de bonificacións.
O pasado curso, 400 alumnos cursaron os seus estudos nesta institución, que contou con alumnado procedente de Estados Unidos e Xapón. Ao longo da súa historia pasaron por esta escola ao redor de 25.000 alumnos dos cinco continentes.