A escritora Marta Seoane presentará en Ourense a súa novela ‘Balas de papel’

OurenseXa
Será este venres na Biblioteca Nós
maarta-seoane-biblioteca-nos-ourense
25 Sep 2025

O vindeiro venres 26 de setembro, ás 19:00 horas, a sala de conferencias da biblioteca Nós acollerá a presentación da novela ‘Balas de papel’, de Marta Seoane Pazos.

A autora, natural de Carballo (A Coruña) e traballadora do Hospital Teresa Herrera, publicou en 2024 coa editorial Aliar a primeira edición en castelán desta obra, que en só catro meses alcanzou a terceira tirada.

A cita en Ourense servirá para dar a coñecer a tradución ao galego desta novela histórica, que conecta dúas mulleres e dúas épocas con destinos entrelazados e que se desenvolve na cidade da Coruña.

⚙ Configurar cookies
0.10294508934021