A explotación da cafetería do Xardín Xaponés sairá a licitación esta fin de semana

O Concello de Ourense sacará a licitación esta fin de semana a concesión para a explotación da cafetería situada no Xardín Xaponés, coñecida popularmente como “La Pajarera”, segundo anunciou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.
O prezo de saída da poxa será de 3.500 euros mensuais máis IVE, cun contrato de dura-ción de cinco anos. A concesión inclúe tanto o espazo interior do local como uns 40 metros cadrados de terraza. As persoas interesadas deberán presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.
A Xunta de Goberno Local aprobará na súa sesión ordinaria de hoxe o expediente para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da concesión demanial destas instalacións.