A Feira Agro Ambiental O Pinto celebrará a súa vixésimo quinta edición o próximo sábado

OurenseXa
Nesta edición, os asistentes poderán desfrutar dunha degustación de callos
feira-agroambintl-o-pinto-esgos
4 Aug 2025

O vindeiro 9 de agosto de 2025 terá lugar en Esgos a vixésimo quinta edición da Feira Agro Ambiental O Pinto.

Nesta edición, os asistentes poderán desfrutar dunha degustación de callos, un dos pratos máis representativos da gastronomía galega. A feira, organizada polo Concello de Esgos en colaboración coa Deputación de Ourense, busca poñer en valor os produtos da zona e fomentar a participación veciñal e visitante nun ambiente festivo.

⚙ Configurar cookies
0.11273002624512