A Feira da Oportunidade regresa a Celanova este xoves

A Feira da Oportunidade regresa a Celanova este xoves para celebrar o seu décimo oitavo aniversario. A cita, xa consolidada no calendario festivo da vila durante a Semana Santa, terá lugar de 11:00 a 20:00 horas na rúa Celso Emilio Ferreiro.
Ademais, durante a fin de semana celebrarase a X Festa da Faba das 7 Semanas, no Claustro Barroco, cun menú composto por empanada de cachena, fabas, bica e chupito, a un prezo de 10 euros. A celebración contará tamén cunha feira de artesanía e antigüidades que se desenvolverá ao longo de toda a xornada.