A Feira de Artesáns de Cartelle regresa ao campo da feira este sábado

OurenseXa
Haberá propostas de alimentación, xoiería, marroquinaría, libros, plantas, zocos e tamén cosmética natural e tintura
artesania-xenerica
3 Apr 2026

Cartelle celebrará este sábado, 4 de abril pola mañá, unha nova edición da súa Feira de Artesáns no campo da feira. Durante a xornada, os asistentes poderán gozar dunha ampla oferta de postos dedicados á artesanía e aos produtos feitos a man. Entre os expositores haberá propostas de alimentación, xoiería, marroquinaría, libros, plantas, zocos e tamén cosmética natural e tinturas.

Esta iniciativa busca poñer en valor o traballo artesanal e fomentar o apoio ao comercio local, ofrecendo ao público a oportunidade de coñecer e adquirir produtos únicos elaborados de maneira tradicional.

0.12312507629395