A Feira do 2 regresou a Barbadás ampliando o número de postos

OurenseXa
Durante este 2025, o Concello decidiu darlle un novo pulo a esta cita que co paso dos anos fora perdendo forza
Paseo-dos-amieiros-feira-barbadas
3 Jul 2025

O Concello de Barbadás celebrou onte unha xornada exitosa coa Feira do 2. Este ano, o Concello decidiu revitalizar esta feira tradicional, ampliando a oferta de postos, que é cada vez maior.

A feira, que conta xa con máis de 20 anos de historia, ofrecía nos seus inicios produtos de todo tipo, pero co paso do tempo foi perdendo variedade ata quedar reducida practicamente á carpa da polbeira.

Por este motivo, o Concello levou a cabo nos últimos meses unha campaña de impulso e promoción que xa se reflicte nun aumento do número de postos de venda e de visitantes.

A ampliación da oferta tamén pretende recuperar a tradición das rianxeiras. A primeira cita desta renovada Feira do 2 tivo lugar o pasado mes de marzo e, pouco a pouco, foi aumentando o número de expositores.

A Feira do 2 celébrase no Paseo dos Amieiros da Valenzá, despois do cambio de ubicación realizado nos últimos anos.

⚙ Configurar cookies
0.18185687065125